Archivo mensual: septiembre 2006

Para rir


Dámoslle a grazas a Lola por esta colaboración que nos envía:

O destes artistas, máis que outra cousa, xa nos fai rir.

Así a bote pronto, no último mes: despois de chamarlle “cloaca” ó río do que bebemos (Andrade); do affaire do cemiterio nuclear (Pérez Ferreiro); de decir que a oferta do mercado era “excelente” antes de que ninguén a coñeza (Andrade outra vez); de negar un verquido que seica non existía pero que despois resulta que existía (Lamas); de tratar de confundir coas datas do verquido para lavar a cara (Ferrero hoxe na radio); de pasarse “polo forro” varios informes do secretario do concello no último pleno (o tripartito en ídem);… a traca (¿final?) pona o concelleiro de Mantemento (Lamas outra vez). Ata A Voz de Galicia se fai eco das deficiencias de mantemento dos parques e xardíns:

“Varias vecinas de Carballo mostraron ayer a través de RadioVoz Begantiños su malestar por los problemas de conservación que presentan las instalaciones infantiles de varios parques de la localidad.

Las afectadas denunciaron que tanto en la plaza del Concello como en el parque del Anllóns, el corcho de la superficie ha comenzado a pudrirse y presenta un estado muy resbaladizo. Además, los propios juegos presentan muy mal estado, especialmente en las inmediaciones del río y en las instalaciones del parque de la Cruz Roja. En este último caso, la rotura de algún juego ha dejado al descubierto, con peligro evidente para los más pequeños, los tornillos.”


Pase que mintan no asunto do verquido ó río Anllóns, porque (case) ninguén o viu, … pero fai falta ser atrevido (e/ou inconsciente) para atreverse a decir o que sigue, tal e como recolle La Voz de Galicia: “al respecto, el concejal de Mantemento, Lois Lamas señaló que puede haber alguna rotura puntual, pero que se realiza una labor diaria de mantenimiento.”

“Una labor diaria de mantenimiento”… qué jevi! Nótase que o concelleiro non vai moito polos parques, porque todas sabemos o estado en que están os xardíns e zonas de xogo e como se manteñen “diariamente”. Os que si que os mantemos somos nós (a estes políticos tan sinceros e eficaces).

¿Pensan que somos parvos/as?

Publicado en General | Deja un comentario

“Se non chega a ser por nós…”


Con frecuencia, os aparatos centrais dos partidos políticos semellan actuar de forma prepotente sobre os seus peóns municipais. O feito de que se atopen en rangos superiores e conciten máis interese mediático failles crer que saben máis ou están máis capacitados que os seus “mandados”, os que precisan da súa axuda para saír adiante. E por iso, a miúdo entran en casa allea coma un elefante nunha cacharrería.

Proba diso é a noticia que hoxe podemos ler na prensa local. Semanas despois de que a polémica sobre o cemiterio nuclear pasase de longo, e cando xa case ninguén a lembraba, o deputado nacionalista Carlos Aymerich ven a Carballo a remover de novo o tema, e a deixarnos un punto de vista do asunto certamente novidoso:

“…aunque descartó la posibilidad de que Galicia pueda albergar una instalación de esta naturaleza, se felicitó de que el regidor de Carballo sea de su formación: «Non quero pensar que tería ocorrido se o alcalde non fose do BNG», afirmó.”

Para rematar a faena,… o responsable comarcal do BNG, Xosé Regueira, destacou o compromiso do goberno de Carballo co medio ambiente, e dixo botar en falta «un pronunciamento do PP, o PSOE e o CDI sobre o fondo da cuestión».

Vaites, vaites. Ó final vai resultar que a culpa era do PP (único partido da oposición) ou do PSOE (que non tomou parte no tema e non ostenta a alcaldía), e menos mal que temos un goberno presidido polo BNG, porque se non a solicitude de información que fixo ese mesmo goberno, podería ter acabado mal por parte dese mesmo goberno. Por certo, se o BNG non se fía dos seus propios socios nun asunto tan imporante, ou dun concelleiro en particular, ¿qué fai gobernando con eles, e manténdoos no seu posto? Debe ser que, cando un se senta no sillón da alcaldía, xa non pode despegarse.

Publicado en General | Deja un comentario

Máis información sobre o verquido no Anllóns


O xoves da semana pasada, a raíz dunha denuncia do PP, preguntabámonos sobre a posible existencia dun verquido no Anllóns que provocara a morte de troitas.

Ó día seguinte, saía na prensa o concelleiro do BNG Luís Lamas asegurando que hasta ayer no se había producido vertido alguno al Anllóns, aclarando que os peixes que apareceran mortos na zona da Cepeira eran “xurelos que alguén tirou ó río” (declaracións que aparecen recollidas neste blog como ampliación da noticia anterior).

Esta aclaración dou pé a que algún lector de Carballo Dixital fixera algún comentario xocoso, do estilo de: “os do PP non distinguen as troitas dos xurelos”.

Pois ben, finalmente resulta que o mesmo concelleiro viuse obligado a recoñecer, tras unha pregunta do PP formulada no último pleno, que si houbo tal vertido, como consecuencia da “rotura dunha tubería [da Estación Depuradora de Augas Residuais] durante uns traballos de mantemento”, tal e como recolle hoxe a prensa.

E claro, agora contraataca o PP, acusando ó goberno de, primeiro, ocultar información; e despois, mentir. Ademáis, o PP volve a decir que “ten constancia de que hai un informe da Consellería de Medio Ambiente que confirma a existencia dun verquido contaminante que provocou unha mortandade de troitas.”

Despois destes antecedentes, ¿a quen debemos crer?

¿Cómo era ese refrán?


Enlaces relacionados:

¿Verquido no Anllóns?

Publicado en General | Deja un comentario

¡Extra! ¡Extra! ¡Festivos locais para o ano 2007!


¿A que non adiviñan vostedes cal foi a noticia máis destacada do pleno municipal celebrado antonte en Carballo? Pois si (cómo non!) foi … a aprobación dos festivos locais para o ano 2007. Esto é o que se deduce da información que publicaba onte o Concello de Carballo na súa páxina web, no seu afán por manter perfectamente informada á poboación.

En cambio, se un le o Diario de Bergantiños, decátase de que algo non cadra. Este xornal non destaca tan importantísima noticia. O que si menciona (máis ben, dedícalle case unha páxina enteira), son as ilegalidades do goberno que a oposición denunciou no Pleno, a pesar do cal o tripartito tirou para adiante, pasando por alto os informes do Secretario do Concello. Qué pouca profesionalidade a destes xornalistas do Diario, ¿non si?

Publicado en General | Deja un comentario

Vacío de Poder


Ya se ha celebrado el tan comentado viaje de la tercera edad carballesa auspiciado por el gobierno local. Este fin de semana un total de nada más y nada menos que 29 autobuses (que se dice pronto) partía de las inmediaciones del centro comercial Haley con destino a la localidad de As Pontes de García Rodríguez. Según informaba en el día de ayer la prensa local, la jornada se vio truncada por la lluvia, pero ello no impidió que nuestros jubilados y parejas disfrutasen de viaje, comida y baile con grupo musical incluido.

En la visión política del asunto, el tema venía marcado por las luchas internas dentro del gobierno local por organizar y/o apuntarse tantos del evento, por las subsiguientes críticas del PP, y por los muchos comentarios que se han podido escuchar al respecto del radical cambio de criterio del BNG y del alcalde Evencio Ferrero para con este tipo de actos, sobre todo en año electoral.

Para quienes tuviesen alguna duda (que serían pocos)… la Voz de Galicia informaba de que, como no podía ser de otra manera, los 3 líderes del gobierno local (Ferrero, Andrade y Viña) tomaron parte en el viaje junto con otros concejales (todos del gobierno, por supuesto), y se deshicieron en atenciones para con nuestros votan… ejem, ciudadanos más veteranos. No sabemos si alguno de los 3 reprodujo la inolvidable estampa de Anxo Quintana bailando pasodobles en Vilalba, pero parece que la competencia y el ahínco entre los miembros del gobierno fue la nota más destacada de la jornada.

Nótese que que es la primera vez -que sepamos- que en el Concello de Carballo se produce tal vacío de poder, con todos los líderes desplazados para un mismo viaje. Menos mal que nuestra localidad no sucedió ningún susto imprevisto. O… quizá es que el verdadero poder no estaba ese día en Carballo, y más que vacío había una lucha por él.

Enlaces relacionados:

Qué buenos son…

Publicado en General | Deja un comentario

Outra vez a guerra


En plena efervescencia da chamada “recuperación da memoria histórica”, a Asociación “Telón e Aparte” e o Concello de Carballo, orixinais que son, prográmannos unha Feira Internacional Outono de Teatro (FIOT) que ten como “leit motiv” a guerra civil española. Das 8 obras previstas, alomenos 5 teñen como argumento a nosa guerra.

Baixo o noso punto de vista, estes que pretenden revivir os feitos ocorridos hai 70 anos non teñen outro fin máis que tratar de gañar a guerra civil 70 anos despois de perdela. Porque a ninguén se lle oculta que a revisión se produce exclusivamente desde un so punto de vista, o dos que perderon a contenda. Eso, en último término, chámase venganza. Que pode ser humanamente comprensible, pero que non é precisamente un sentimento noble. Só contribúe á división e á confrontación, e as institucións públicas non deberan promover nin fomentar tal “recuperación”. ¿Non habería outra temática máis interesante para a FIOT?

O que non acabamos de entender é qué pinta o portavoz do PP de Carballo, Alberto Sueiro, como presidente da asociación que organiza o evento, montando un programa deste tipo. ¿O seu partido está pola labor? Un pouco de coherencia, por favor.

Sobre o manido asunto da “recuperación da memoria histórica”, recomendámosvos este texto do filósofo Gustavo Bueno (que non é sospeitoso precisamente de ser un facha):

“Es evidente que el «recuerdo» de los hechos históricos es el recuerdo selectivo de los hechos históricos, y por tanto parcial o partidista. […] La Historia es obra del entendimiento, y no de la memoria.[…] La memoria histórica o personal es necesariamente parcial y partidista, porque una persona es sólo una parte de la historia.[…] Por tanto, las reivindicaciones de las memorias personales, contra todo tipo de amnesia y de amnistía, no debe hacerse en nombre de la memoria histórica común, sino en nombre o bien de la memoria individual o familiar, o bien en nombre de planes y programas políticos o científicos. Esto explica por qué la llamada «memoria histórica» no es propiamente memoria, sino selección partidista; por qué se eclipsa de modo funcional, y por qué la «memoria histórica», paradójicamente, derriba las estatuas de Lenin o de Franco. Dicho de otro modo, la memoria histórica sólo puede aproximarse a la imparcialidad cuando deje de ser memoria y se convierta simplemente en historia.”


(Pódese ler o texto completo aquí)

Nós tamén queremos contribuir co noso gran de area a ese “loable afán” de “recuperar a memoria histórica”:

“Las elecciones no son más que una etapa en la conquista y su resultado se acepta a beneficio de inventario. Si triunfan las izquierdas, con nuestros aliados podemos laborar dentro de la legalidad, pero si ganan las derechas tendremos que ir a la guerra civil declarada. Yo deseo una República sin lucha de clases; más para eso es necesario que desaparezca una de ellas. Y esto no es una amenaza, es una advertencia; y que no se diga que nosotros decimos las cosas por decirlas: nosotros las realizamos.” (Indalecio Prieto, enero 1936)



Publicado en General | Deja un comentario

Balance de danos


Non somos Siniestro Total, pero xa pasado definitivamente o furacán Gordon, imos tentar facer un balance exhaustivo dos danos que causou en Carballo, cando menos de todos os que temos noticia:

- No colexio San Luis Romero levantáronse tres chapas do tellado, nunha superficie duns 90 metros cadrados, e as clases suspendéronse no día de hoxe, mentres a brigada de obras tenta subsanar os desperfectos.
- No xeriátrico de Abrente o vento tamén levou algunhas planchas do tellado.
- Na zona do Parga Pondal o vento arrastro planchas de poliespán.
- No centro de Aspaber tamén houbo desperfectos.
- No polígono de Bértoa houbo varias naves afectadas, sobre todo a de Cash Galicia, onde o vento arrincou planchas da cuberto, e o concesionario da Peugeot que viu cómo se lle rompía o escaparate de exposición de coches.
- Tamén en Bértoa varias vallas publicitarias foron derribadas, e un panel de obra caiu sobre un automóvil.
- A empresa suministradora de gas viuse na obriga de reforzar algunas canalizacións exteriores de edificios de Carballo que ameazaban con desprenderse.
- Varias empresas quedaron sen subministro eléctrico, incluída a depuradora de augas residuais. – En Cances, os carballos do atrio da igrexa resultaron tamén danados.
- En Sofán e mais en Entrecruces houbo lumes forestais por culpa da caída de árbores sobre o tendido eléctrico, mais non chegaron a maiores.

¿Cómo vivistes este día? ¿Sabedes doutros danos importantes que non teñan saído na prensa?

Publicado en General | Deja un comentario

Gordon


No es Flash, pero el huracán Gordon ha pasado por Carballo, y por toda Galicia. En la zona de la Costa da Morte parece que lo peor le ha tocado a la zona de Cee-Muros, no en vano por ahí es por donde ha penetrado en Galicia, con abundantes caídas de árboles, postes, muros y cortes de luz.

Algunas carreteras han estado cortadas y el mayor susto se lo han llevado en Corme, donde un balcón de aluminio de 10 metros fue arrastrado y abrió un boquete en un edificio, mientras que en Cee el viento rompió la cubierta del instituto Agra de Raíces.

Al parecer, en nuestra localidad el arrastre de piedras y objetos causó la rotura de algunas lunas y nuestro Concello tampoco se ha librado de los cortes de luz. En todo caso, parece que la intensidad ha sido menor de la esperada, si hacemos caso de los muchos avisos y precauciones tomadas. Mejor prevenir que lamentar.

Publicado en General | Deja un comentario

¿Verquido no Anllóns?


Por unha nota de prensa que nos envía o PP de Carballo, enterámonos que houbo un verquido tóxico no río Anllóns. Os populares aseguran que varios veciños lles confirmaron que “apareceron peixes mortos nesa zona do río”.

Malia que o PP menciona como lugar do verquido “o curso baixo do río Anllóns” (o que alude á zona da desembocadura), o PP critica a ocultación de información, así como que “os representantes do tripartito parece ser que non se deron por enterados”, instando ó goberno municipal a “que explique por qué non informou sobre o verquido”, o que nos leva a pensar que a contaminación tivo lugar no término municipal de Carballo (de non ser así, non tería sentido esa petición ó goberno municipal).

Na nota non se especifica a clase de verquido, nin a súa magnitude, nin a data e lugar exacto en que ocorreu. ¿Algún lector deste blog pode ampliar a información?

22-9-06: Actualización: Hoxe sae o concelleiro Lamas en La Voz de Galicia decindo que “efectivamente, aparecieron peces muertos en la zona de A Cepeira, pero, según dijo, eran jureles que alguien arrojó al río y que los técnicos retiraron. Aseguró además que hasta ayer no se había producido vertido alguno al Anllóns.”

Publicado en General | Deja un comentario

Qué buenos son…


Qué buenos son
los hermanos escolapios,
Qué buenos son
Que nos llevan de excursión

Pues sí, queridos amigos: a seis meses de las elecciones, los hermanos escolapios vuelven a llevar a los mayores de excursión. En una práctica que criticaban en el anterior gobierno (con razón), y siguiendo con la coherencia que caracteriza a este nuestro querido alcalde, ahora no sólo los lleva de excursión, sino que, además, les paga (mos) la comida. Y, para mayor rédito y beneficio propio, cada grupo del gobierno tripartito organiza las excursiones a espaldas del otro (Golum: los votos son mi tesssoooorrrrooooo…). Y que viva la coherencia.

La maldita hemeroteca:

“El BNG acusó al ejecutivo de hacer «clientelismo» con las actividades para la tercera edad

“…la chispa saltó cuando el concejal nacionalista Luis Lamas denunció «o uso clientelista e partidista dos cartos públicos. Pídense axudas para unha viaxe e unha festa, cando hai outras necesidades, colectivos marxinais, etc.», un argumento en el que incidió su compañero de filas Evencio Ferrero.”

(LVDG, 17 de septiembre de 2000)

Una preguntita para nota: Lo que antes se llamaba “clientelismo”, ¿cómo se llama ahora?

Publicado en General | Deja un comentario